
O vindeiro 18 de xullo Rodeiro únese nunha gran xornada solidaria para apoiar ao pobo venezolano, será a partir das 19:00h
A partir das 19:00 h haberá actividades para toda a familia, inchables, música en directo, postos de comida solidarios.
E dende as 22:00 h, gozaremos dos concertos de:
– Guezos (folk rock)
– Vanesa Muela e a Banda Traka
Ademais, durante toda a xornada poderedes colaborar doando medicamentos, material sanitario e outros produtos de primeira necesidade, que serán enviados a Venezuela. No cartel atoparedes a relación completa dos produtos que se precisan.
Cada pequena achega conta e pode marcar a diferenza.