Skip to main content
Novas

Termalismo Deputación de Pontevedra “DEPOTERMAL 2022”

By 11 Abril, 2022No Comments

Obxecto
O plan Termal da deputación de Pontevedra “Depotermal 2022” pon en marcha dous programas termais cun total de 4.434 prazas
1. Programa de asistencia diaria a balnearios durante 5 días consecutivos
2. Programa termal de pernotación.

Beneficiarios do plan termal, requisitos e documentación a presentar.
Persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e que cumpran algún dos seguintes requisitos:
1. Nacer antes do 1 de xaneiro de 1972 (acreditarase cunha fotocopia do DNI ou do NIE).
2. No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1972 ou nunha data posterior ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións (achegarase unha fotocopia do certificado correspondente.
3. No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1972 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade
4. Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
5. Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria.
6. No caso de persoas con discapacidade, non ter recoñecida a necesidade de asistencia dunha terceira persoa.

Programa de asistencia diaria
Consiste en pasar cinco días consecutivos (de luns a venres), en quenda de mañá ou tarde, utilizando durante un mínimo de dúas horas as instalacións dun balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares, da provincia de Pontevedra, incluíndo os traslados en autocar, con guía acompañante dende os concellos de orixe ata ó establecemento escollido e viceversa.
1. Programa termal de pernoctación en réxime de pensión completa: Ofrece unha estancia de seis días e cinco noites nun hotel con balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

Establecementos ofertados para o desenvolvemento do programa
Hotel SPA Nuevo Astur, Hotel SPA Carlos I, Gran Hotel Talaso e Hotel SPA NanínPlaya en Sanxenxo,Balneario Termas de Cuntis, hotel SPA Torre do Deza, Hotel SPAGalatea, Palacio del agua de Mondariz e Hotel SPA Vía Argentum en Silleda.

Lugar de presentación
Para información é trámites de solicitudes achegarse ao Departamento de ServizosSociais do Concello de Rodeiro.
Prazo e inscrición de participantes: Ata o 1 de Maio de 2022