Skip to main content
Novas

Teatro en Igualdade

By 13 Abril, 2022No Comments

Financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero, ao abeiro das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Esta iniciativa diríxese a mozos e mozas do concello con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos. A través de técnicas de dramatización traballarase o fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero na xuventude dunha forma práctica e visual. Tomar conciencia de situacións de discriminación, escenificalas e reaccionar ao respecto é a fin última deste proxecto que pretende crear conciencia e implicación no colectivo da xuventude.

O obradoiro será os venres de 14:00h. a 15:30h., comezando o vindeiro 22 de abril no Centro Cultural “Manuel Lamazares” e rematando cunha representación a finais de xuño, coincidindo co final do curso académico.

A persoa encargada do seu desenvovlemento será Aida Cobas, licenciada en Arte Dramático.

É unha actividade gratuíta, con límite de prazas. Para inscribirse podedes dirixirvos ao Servizo de Educación e Apoio Familiar. Teléfono 986790185, extensión 4. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.