Financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero, ao abeiro das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Este proxecto ten como obxectivo traballar a sensibilización en igualdade e prevención da violencia de xénero dende idades temperás a través de talleres, dinámicas grupais, contacontos, teatro… dunha forma activa e lúdica.
Tempo de igualdade será os venres de 14:00h. a 15:30h., comezando o vindeiro 6 de maio no Centro Cultural “Manuel Lamazares” e estendéndose ata finais de xuño.
Dirixida a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
Dende a Concellería de igualdade animámosvos á participación nesta nova experiencia que, dunha forma lúdica e participativa, busca a educación en igualdade dende as primeiras etapas da vida.
Podedes contactar co Servizo de Educación Familiar para recibir máis información ou resolver dúbidas.