No día de hoxe realizouse a firma do convenio de colaboración entre o Concello de Rodeiro, representado a través do seu alcalde D. Rubén Quintá, e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, representada a través da presidenta de SOGAPS Dna. Maite Isla. Este convenio permitirá o desenvolvemento do programa de Vacacións en Paz para o ano 2022, a través do cal chegarán de novo a Rodeiro dous menores saharauís en acollida en familias do noso concello para pasar o verán.