Skip to main content
Novas

Tempo de gañar

By 4 Novembro, 2009No Comments

Este venres 6 de novembro ás 14:00 horas no Centro Cultural “Manuel Lamazares” ponse en marcha un proxecto dirixido a adolescentes entre 12 e 17 anos que se denomina “Tempo de Gañar”. Está especialmente orientado a aqueles rapaces e rapazas que cursan ESO no CPI de Rodeiro.
Esta iniciativa ten como obxectivos crear un espazo de ocio saudable e participativo, ademais de traballar para sensibilizar en valores democráticos e incidir en aspectos como a conciencia crítica, autoestima, presión grupal, igualdade de xénero… todos eles puntos moi importantes de cara a favorecer un desenrolo adecuado na etapa adolescente e previr posibles situacións de risco.
É un proxecto no que se mistura educación e ocio de forma interrelacionada, creando un espazo no que os protagonistas principais son os integrantes do grupo.
Traballarase sempre os venres co citado horario e entre as actividades están: videofórum, dinámicas grupais, ginkanas… Sempre intentando acadar a maior implicación dos xóvenes xa non só na participación, senón tamén na planificación das actividades.
Este proxecto entra dentro do desenvolvemento do programa de educación familiar do Concello de Rodeiro e interrelaciónase con outros proxectos como o de Educación para a Saúde que se desenvolve co alumnado de ESO do CPI integrado nas titorías grupais.
Esta é a IV edición de Tempo de Gañar. Na pasada participaron un total de 17 adolescentes e entre as actividades realizadas atopouse a posta en escea da obra teatral denominada “Non hai Tempo que Perder”, que abarcaba a temática da violencia no entorno educativo.

Leave a Reply