O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro sábado día 31 de outubro de 2009, ás 12 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :
1 – Aprobación do borrador da acta da sesión anterior.
2 – Aprobación inicial do orzamento xeral do concello para o exercicio de 2009.
3 – Aprobación inicial do regulamento de axuda no fogar.
4 – Aprobación provisional da ordenanza fiscal do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar.
5 – Aprobación inicial da ordenanza reguladora da xestión do punto limpo.
6 – Aprobación provisional da ordenanza fiscal da taxa polo uso do punto limpo.
7 – Moción do grupo municipal do partido popular relativa á proposta de obras para financiar con cargo ao plan de reactivación económica da administración local.
8 – Rogos e preguntas.