Skip to main content
Novas

Tarabelos presenta “Amoriños contei”. Programa cultura no camiño 2016

By 9 Agosto, 2016Agosto 7th, 2019No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do grupo de títeres Tarabelos o vindeiro venres 12 de agosto ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal. Representa o espectáculo “Amoriños contei”, unha seria de contos de fontes diferentes, no que se destaca a presenza do amor en cada un dos contos que se contan e escoitan no mundo; pero non falamos só do amor entre os namorados, senón o amor entre os amigos, o amor a un fillo, o amor ás zapatillas vellas, o amor ás cousas… Amores agochados en cada un destes contos, amores esquencidos, atopados, divertidos, mentireiros, altos, pequenos, voadores…, amoriños contados.

Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2016, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.