Skip to main content
Novas

Consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia do día 25 de setembro de 2016

By 5 Agosto, 2016Agosto 7th, 2019No Comments

Entre os días 8 e 15 de agosto do corrente, ambos inclusive, estará aberto no Concello o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia do día 25 de setembro de 2016.

Durante dito prazo poderanse formular reclamacións contra a inclusión ou exclusión no censo electoral. As consultas e reclamacións, no seu caso, deberán facerse persoalmente na Secretaría do Concello, achegando a ditos efectos o DNI ou documento oficial equivalente que inclúa fotografía (pasaporte, permiso de conducir, etc.).

Recoméndase a todos os veciños (de xeito especial aos que exercen por primeira vez o seu dereito de voto neste Concello e aos que cambiaran de domicilio nos últimos meses) que comproben a súa inscrición no Concello, ao obxecto de que poidan exercer o seu dereito ao voto nas eleccións do día 25 de setembro.

Para calquera información relativa a dito proceso electoral poderán consultar o enlace http://www.xunta.gal/eleccions2016.