No Boletín Oficial da Provincia núm. 13, correspondente ao día 21 de xaneiro, publicouse o anuncio da convocatoria das subvencións para actividades culturais e para actividades deportivase realizadas no 2019. O prazo de presentación das solicitudes e da súa xustificación remata o día 2 marzo de 2020.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente de xeito electrónico a través da sede electrónica do Concello (https://rodeiro.sedelectronica.gal) utilizando o trámite “instancia xeral”, á que achegarán os formularios oficiais que se poden descargar no enlace anexo. Lémbrase que se debe presentar una solicitude individualizada por cada unha das actividades para as que se soliciten subvención.
Modelo de solicitude: Subvencións actividades culturais e deportivas 2019
Bop deportivas: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2020/01/21/2020002429
Bop culturais: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2020/01/21/2020002430