A xunta acaba de publicar dúas axudas dirixidas a asociacións culturais. Unha destinada á realización de actividades e outra para a mellora dos seus locais.
Poderán optar a estas subvencións as asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro, con domicilio social en Galicia e ámbito de actuación territorial igual ou inferior á provincia e que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se atopen legalmente constituídas e inscritas nos rexistros correspondentes, así como no censo de entidades culturais da Consellería de Cultura e Deporte.
O prazo para solicitalas remata o 7 de maio deste mesmo ano.