Skip to main content
Novas

Lalín e Rodeiro entornos saudables

By 2 Abril, 2009No Comments

O domingo 19 dará comezo unha serie de actividades dentro do programa de Concellos Saudables

As actividades son as seguintes:

1- Rutas de sendeirismo – descubrindo. Camiño de inverno, o domingo 19 sairá un autobús dende lalín ás 9:30 dende o Km.0 e ás 10:00 na praza do Concello (Rodeiro) para logo subir ó Faro.
Haberá 3 niveis (8Km (ata Rodeiro), 15Km (ata Pedroso) e 21Km (ata Lalín)).Hai que apuntarse obrigatoriamente nun dos niveis.
2- Yoga. Esta actividade desenrolarase os mércores de 20:30 a 21:30 no local da sindical. Comezará o día 6 de maio e poderedes apuntarvos todo o mes de abril.
3- GAP (glúteos, abdomen e pernas). Os venres ás 8 da tarde no ximnasio municipal.Igual que o yoga tedes todo o mes de abril para apuntarvos.
4- Cociña dietoterapéutica. Comezará o xoves 23 de abril ás 20:30, na casa escola de Río – inscripción ata o 23 de abril.
As clases serán impartidas por especialistas (dietista, médico e cociñeiro).Consiste en elaborar dietas saudables relacionadas con diferentes problemas de saúde como a hipertensión, diabétes, … Na primeira clase o tema a tratar será a hipercolesterolemia.

Tódalas actividades son gratuitas e impartidas por profesionais
Para inscribirse podedes facelo das seguintes maneiras:
– No teléfono 986 79 03 01
– Na Casa da Cultura
– Ou no mail info@rodeiro.gal

Leave a Reply