Skip to main content
Novas

Sorteo público para a designación dos compoñentes das mesas electorais do municipio para as vindeiras Eleccións Xerais do día 20 de novembro de 2011

By 19 Outubro, 2011No Comments

O vindeiro mércores día 26 de outubro, ás 11 horas da mañá, efectuarase, no salón de sesións da Casa do Concello, o sorteo público ante o Pleno do Concello para a designación dos compoñentes das sete mesas electorais deste municipio para as Eleccións Xerais do día 20 de novembro de 2011. Elixirase un presidente e dous vogais por cada mesa, así como dous suplentes por cada un deles. O sorteo realizarase por medios informáticos entre os electores que cumpran cos requisitos que para desempeñar ditos cargos establece o artigo 26.2 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral.

Leave a Reply