O vindeiro 8 de novembro as 17:00 h. no Centro Cultural Manuel Lamazares terá lugar unha charla-coloquio sobre o Alzheimer que contará como poñentes con técnicos especializados que traballan na Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada.
Esta conferencia pón punto e final ao programa de Aprender a Coidarme para Coidar que se estivo desenvolvendo dende o mes de abril no Concello de Rodeiro e tivo como destinatarios a coidadores informais de persoas con dependencia e a profesionais deste ámbito especializadas na asistencia domiciliaria.
Esta charla estará aberta a toda aquela persoa interesada no tema que desexe asistir e nela abordaranse aspectos coma os coidados dunha persoa con alzheimer ou outra enfermidade dexenerativa de similares consecuencias, terapias, atención nas primeiras fases, vivencias dos familiares ou coidadores, etc.