O vindeiro luns día 11 de Febreiro, ás 13 horas da mañá, celebrarase no salón de sesións da casa do concello o sorteo público para o nomeamento dos membros titulares e suplentes das mesas electorais do concello para as vindeiras eleccións xerais do día 9 de Marzo de 2008, de conformidade co previsto no artigo 26.4 da lei orgánica de réxime electoral xeral (LOREG).