O concello vén de asinar un convenio coa empresa “Procesadora Gallega de Alimentos S.L.” para a recollida urbana de aceite de cociña usado no Concello de Rodeiro.
Os veciños deberán depositar o aceite de cociña usado nos colectores que se instalarán próximamente nas seguintes ubicacións:
– Rúa A
(á altura do Centro de Saúde).
– Avda. Lalín-Monforte de Rodeiro
(á altura da praza da Fonte e Concello).
– Rúa da Raña de Rodeiro
(á altura do restaurante As Carpinteiras).
Prégase a todos os veciños a que colaboren coa reciclaxe dese residuo contaminante, depositando periódicamente o aceite usado para cociñar nalgún dos colectores establecidos ao efecto, quedando prohibido depositar neles calquera outro tipo de aceite ou calquera outro tipo de residuo diferente.