O Concello de Rodeiro organiza o dia 19 de outubro, o Sons de Outono 2013. Unha iniciativa cultural na que a música tradicional é a protagonista. Os cantos de taberna son a actividade principal do día na que grupos de música tradicional, tratando de recuperar vellas tradicións, percorrerán, ao longo da tarde, os diferentes establecementos no casco urbano de Rodeiro.
Sons de Outono rematará coa actuación do gaiteiro Óscar Ibañez, presentando o seu disco Alén do mar, ”unha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade”, tal como describe o seu novo traballo na súa web www.oscaribanez.com.