Skip to main content
Novas

Proxecto 1ª Oportunidade: redución do abandono escolar no Concello de Rodeiro

By 8 Outubro, 2013No Comments

Este programa, cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consistiu no asesoramento e orientación sobre as diferentes vías de retorno ao sistema educativo, así coma na preparación das probas libres de ESO celebradas en maio e en setembro e no acceso a ciclo medio celebrado en maio.

No programa deste ano 2013 participaron un total de 21 persoas na fase de asesoramento e 12 persoas na fase formativa. Destas, 5 obtiveron o título de ESO, 2 aprobaron parte dos ámbitos e 2 aprobaron o acceso a ciclo medio.
As clases desenvolvéronse en horario nocturno, dous días á semana e en base a dispoñibilidade horaria dos asistentes.
A metodoloxía empregada caracterízase pola flexibilidade, atención individualizada e adaptada aos coñecementos previos de cada participante, baseándose nos principios da educación de adultos. Grupos de traballo reducidos con un máximo de 10 participantes por curso de cara a lograr un clima de cohesión e confianza grupal que favoreza a aprendizaxe.
Dada a valoración positiva da experiencia, en breve abrirase de novo o prazo para a matrícula de cara á preparación das probas do ano 2014.
As persoas interesadas poden acudir ao Servizo de Educación Familiar Municipal.

Para máis información: educadora@rodeiro.gal, tfno.: 986790185.

Leave a Reply