O vindeiro mércores 5 de maio ás 11:00 h. no Centro Cultural Muncipal “Manuel Lamazares” celebrarase unha reunión cos técnicos e técnicas das deputacións e concellos adheridos na que se avaliarán so proxectos internacionais e as actividades de sensibilización para 2010. Ademais, informarase do estado actual dos proxectos en andamento nos países do Sur e das actividades de sensibilización que os diversos socios poderán desenvolver nos vindeiros meses. Tamén se prestará especial atención á situación de Haití, rendendo conta da recadación atinxida e comprometida para a Conta de Emerxencia do Fondo Galego, explicando as alternativas de acción post-emerxencia que se están a barallar.
Máis información na descarga asociada e en www.fondogalego.org