A Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro organiza dous actos en conmemoración do Día das Letras Galegas no auditorio do Centro Cultural Municipal.
O venres 14 de maio ás 11:00 horas terá lugar unha proxección sobre a vida e a obra de Uxío Novoneyra, poeta e escritor a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, á que asistirán os alumnos do Colexio Público e todas aquelas persoas que estean interesadas.
O luns 17 de maio ás 18:00 horas terá lugar a actuación do grupo de monicreques Tarabelos de Marín co espectáculo “A qué cheiran os contos”. Ao rematar este espectáculo, entregaranse os premios dos concursos de relato curto e poesía, para ter a continuación a actuación da Coral Polifónica de Rodeiro, que cantarán unhas pezas en galego e rematarán con himno galego.