Skip to main content
Novas

Recollida de roupa para o pobo saharaui

By 30 Novembro, 2012No Comments

O Concello de Rodeiro deu por finalizada a campaña de recollida de roupa organizada en colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí realizando a entrega da mesma ao representante no Deza desta organización, Pablo Romeo. Consideramos que esta campaña foi un éxito dado que se recolleron aproximadamente 1.200 Kg. ,en apenas 3 semanas, e agradecemos a todos os veciños e veciñas a participación e implicación nesta iniciativa solidaria.

Leave a Reply