Skip to main content
Novas

Programa Xuntos polo Nadal

By 29 Novembro, 2012No Comments

Este ano ao igual en anteriores, preténdese levar a cabo o Programa ”Xuntos polo Nadal”; orientado ás persoas maiores (de 60 anos en adiante), que valéndose por se mesmas e contando con escasos recursos económicos, vaian a pasar soas as festas de Nadal. Tendo a posibilidade de gozar duns días de vacacións totalmente gratuítas para os solicitantes con rendas inferiores ó IPREM (532,51 € mensuais) e así poder compartir esas datas tan entrañables, nun clima de convivencia e participación, xunto con outras persoas que se atopen nas mesmas circunstancias.
Para a nosa provincia de Pontevedra, ofértanse prazas na Residencia de Tempo Libre de Carballiño sendo a quenda de vacacións , vai dende o día 23 de Decembro de 2012 ate o día 1 de Xaneiro de 2013, data de regreso a casa.

A documentación a presentar para poder participar en ”Xuntos polo Nadal”, é a seguinte:
• D.N.I e Tarxeta Sanitaria
• No caso de ingresos procedentes do estranxeiro, certificación acreditativa dos mesmos.

O prazo de presentación de solicitudes, rematará o vindeiro 5 de Decembro de 2012.

Leave a Reply