Skip to main content
Novas

Recollida de plástico agrícola (plástico de silo e de invernadoiro)

By 7 Maio, 2015No Comments

Tal e como se indicou no folleto informativo enviado anteriormente, e debido a que non se poden depositar os residuos de plástico agrícola no punto de acopio de Carboentes, por mor do mal uso que se estaba facendo do mesmo, o Concello pon en marcha a recollida de plástico agrícola, para que os gandeiros e agricultores poidan xestionar os residuos de plásticos de silo e invernadoiro, empregados nas súas explotacións de forma axeitada.

Normas para a recollida:

  • Recolleranse só plásticos de silo e de invernadoiro.
  • Os plásticos deben estar o máis limpos posibles e atados.
  • Non se poderán levar garrafas, pneumáticos, restos de podas ou calquera outro tipo de residuo.

Lugares e días, onde os gandeiros e agricultores poden depositar os plásticos:

DÍAS: 11 e 12 de MAIO.

Os plásticos poderán depositarse os días 11 e 12 de maio DURANTE TODO O DÍA nos lugares indicados e serán recollidos o día 13.

Lugares:

  • Parroquias de San Paio de Senra e San Martiño de Asperelo: campo da festa de Asperelo.
  • Parroquias de Arnego e Carboentes: campo da festa de Carboentes, onde está o palco.
  • Parroquia de Álceme: campo da festa de Álceme, xunto á igrexa.

En tódolos lugares haberá unha zona delimitada e sinalada para o depósito do plástico agrícola, prégase aos usuarios que a respecten.

Non poderá deixarse plástico agrícola fóra dos días sinalados, ata novo aviso por parte do Concello

Para máis información chamar ao Concello: 986790009 / 986790185