O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural co gallo de celebrar o Día das Letras Galegas. Terá lugar o vindeiro día 15 de maio ás 10:30 horas no Centro Cultural Municipal. A compañía lalinense Eduvía, Vías para a Educación, dirixirá un obradoiro baixo o título de “Imos xogar con Filgueira Valverde!”. Este taller pretende dar a coñecer aos nenos, a través do xogo, a figura e obra do autor homenaxeado nesta edición de 2015 do Día das Letras Galegas, Xosé Filgueira Valverde. Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2015, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.