No BOP núm. 41, correspondente ao día 2 de marzo de 2010, publícase anuncio deste Concello polo que se dá publicidade ás bases específicas para a concesión de subvencións para actividades culturais e deportivas desenvolvidas no ano 2009, de conformidade co aprobado pola Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o día 30 de decembro de 2009. O importe total das axudas é de 10.000,00 € para actividades culturais e de 6.000,00 € para actividades deportivas. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de abril de 2010.