Skip to main content
Novas

Proxecto Equal-Camba II: “ABC da igualdade para as familias”. Formación en igualdade para nais e país

By 11 Setembro, 2018Agosto 7th, 2019No Comments

O vindeiro 27 de setembro comezará a segunda edición desta actividade que se fundamenta nas técnicas de coaching familiar e a educación emocional coma estratexias para abordar a educación dos fillos e fillas baixo os principios da igualdade e o respecto.

Desenvolveranse 8 talleres de unha hora e media de duración cada un, entre os meses de setembro e decembro

Que se ofrece a través desta actividade?

TALLER DE COACHING FAMILIAR

Ferramentas e recursos que axuden a fortalecer as relacións familiares no fogar.

Técnicas para mellorar a comunicación cos fillos e fillas.

Entender a importancia de educar dende o respecto e a igualdade.

Resolver conflitos que poidan surxir no sistema familiar no momento de adoptar principios de corresponsabilidade e coeducación.

Entender mellor as necesidades dos menores construíndo empatía e confianza mutua.

Aprender a recoñecer e xestionar as emocións como familia.

A actividade correrá a cargo de profesionais expertas  en coaching e educación familiar dende a disciplina positiva.

Para recibir máis información e inscribirse na actividade contactar con servizos sociais: educadora@rodeiro.gal, tfno.: 986790009

O grupo de traballo é reducido, ofertándose 15 prazas para nais e pais con crianzas con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

Establécense 2 posibles horarios para a realización do taller: de 10:30 a 12:00h. ou de 15 a 16:30h. No momento de realización da inscrición elixirase o horario preferido.

O lugar de realización será no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”.

Actividade cofinanciada pola Deputación de Pontevedra

 

Taller de coaching familiar_rodeiro 2018-2019_2