Skip to main content
Novas

Manoele de Felisa presenta “A cantar poesía con Manoele de Felisa”. Programa Ler conta moito 2018

By 17 Setembro, 2018Agosto 7th, 2019No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Manoele de Felisa o vindeiro xoves 20 de setembro ás 11:30 horas no Centro Cultural Municipal. O cantautor galego presenta o seu espectáculo “A cantar poesía con Manoele de Felisa”. É un espectáculo que achega aos máis pequenos e pequenas ao mundo da poesía dun xeito lúdico e atractivo. María Victoria Moreno, Xosé Neira Vilas, Rosalía de Castro, entre outros, serán algúns dos poetas que coñeceremos a partir da voz do cantautor. Está destinado principalmente a un público infantil.

Esta actividade forma parte do Ler conta moito 2018, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.