Skip to main content
Novas

Programa vacacións en paz 2018: acollida de nenos/as saharauís

By 29 Xaneiro, 2018Agosto 7th, 2019No Comments

Coma en anos anteriores, o Concello de Rodeiro desexa colaborar activamente na difusión do Programa “Vacacións en Paz 2018”. Este é un proxecto de acollida temporal que ofrece ás familias saharauís a posibilidade de que os seus fillos e as súas fillas  gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e coidados das familias acolledoras galegas, durante os meses de xullo e agosto; o cal permite que estes menores poidan disfrutar do verán sen pasar polas altas temperaturas do deserto onde se sitúan os campamentos de refuxiados e recibindo a atención sanitaria adecuada.

Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) é quen densenvolve o programa en Galicia, comunidade que participa nel dende o ano 1991.

Informamos que está aberto o prazo de solicitude das familias que desexen ser acolledoras nos vindeiros meses de xullo e agosto de 2018 dun pequeno ou pequena saharauí.
Para recibir calquera información, sen compromiso, sobre como converterse en familia acolledora para este vindeiro verán, requisitos, documentación, contacto coa asociación, etc., poden achegarse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Rodeiro.