(Orde do 29 de decembro de 2017. DOG núm. 22 do 31 de xaneiro de 2018)
Obxecto:
Establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018.
Persoas beneficiarias:
• Persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2018 (nacidos entre o 2/1/2015 e o 1/1/2018, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2016, non presentasen a declaración da Renda do citado exercicio 2016.
Requisitos:
• Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega.
• Que na data da solicitude os nenos/as convivan coa persoa solicitante.
Contía da axuda:
A axuda económica consiste nun pagamento único por cada fillo/a menor que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación. Contías:
Polo primeiro fillo ou filla 360 €.
Polo segundo fillo ou filla 1200 €.
Cando sexa o terceiro ou terceira e sucesivos: 2400 €
Documentación:
Documento de identidade da persoa solicitante.
Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
Número de conta bancaria no que se desexa recibir a axuda.
Prazo de presentación:
Ata o 21 de marzo de 2018.
Lugar de información e presentación de solicitudes:
Servizo de Educación Familiar Municipal