- Beneficiarios:
* Poderán acollerse ao Programa, todas aquelas persoas que sexan pensionistas ou perceptores de prestacións de desemprego e conten cunha idade mínima de 60 anos, 55 anos para perceptores de pensión viuvedade; quedando exentos de cumprir esta condición as persoas que acudan en calidade de cónxuxes.
* Asimesmo poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior oa 45% .
* Valerse por se mesmo e non padecer trastornos mentais graves.
* Precisar os tratamentos termais solicitados.
- Destinos e quendas:
Os balnearios que se ofrecen para este ano, presentan unha ampla selección; xa que se pode solicitar praza en 15 Comunidades Autónomas distintas, sendo os correspondentes á nosa, os seguintes:
* Na provincia de A Coruña ofértanse os balnearios de Carballo e Brión.
* Na provincia de Lugo, Termas Romanas (en Lugo cidade), Rio Pambre (en Palas de Rei), e Augas Santas (Pantón).
* Na provincia de Ourense, os balnearios de Arnoia, Baños de Molgas, Carballiño, Laias e Lobios.
* Na provincia de Pontevedra ofértanse os balnearios de Acuña, Dávila (ámbolos dous en Caldas de Reis) Caldelas de Tuy, Termas de Cuntis, Baños da Brea (en Vila de Cruces), Mondariz e na Illa da Toxa.
A primeira quenda a solicitar inclúe dende o mes de Febreiro ate Agosto (ámbolos dous incluídos) e a segunda quenda de Setembro a Decembro.
Para maior información e formalización de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizo sociais do Concello.
O prazo de presentación de solicitudes para a primeira quenda rematará o día 11 de xaneiro de 2019 e para a segunda, permanecerá aberto ate o día 17 de maio de 2019.