Skip to main content
Novas

Programa termalismo social-imserso (Balnearios ano 2014)

By 8 Xaneiro, 2014No Comments

1. Beneficiarios:

* Poderán acollerse ó Programa, todas aquelas persoas que sexan pensionistas e conten cunha idade mínima de 60 anos; quedando exentos de cumprir esta condición as persoas que acudan en calidade
* Valerse por se mesmo e non padecer trastornos mentais graves.
* Precisar os tratamentos termais solicitados.

2. Destinos e quendas.-

Os balnearios que se ofertan para este ano, presentan unha ampla selección; xa que se pode solicitar praza en 15 Comunidades Autónomas distintas, sendo os correspondentes á nosa, os seguintes:

* Na provincia de A Coruña ofertase os balnearios de Carballo e Brión.
* Na provincia de Lugo, Termas Romanas (en Lugo cidade), Rio Pambre (en Palas de Rei), Hesperia Guitiriz (Guitiriz) e Augas Santas (Pantón).
* Na provincia de Ourense, os balnearios de Arnoia, Baños de Molgas, Carballiño, Laias e Lobios.
* Na provincia de Pontevedra ofertanse os balnearios de Acuña, Dávila (ámbolos dous en Caldas de Reis) Caldelas de Tuy, Termas de Cuntis, Merza (en Vila de Cruces) e na Illa da Toxa.
A primeira quenda a solicitar inclúe dende o mes de febreiro ate agosto (ámbolos dous inclusive) e a segunda quenda, de setembro a decembro

Para maior información e formalización de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do Concello.
O prazo de presentación de solicitudes para a primeira quenda rematará o día 16 de xaneiro de 2014 e para a segunda, quedará aberto ate o día 16 de maio de 2014.

Leave a Reply