O vindeiro luns 13 de xaneiro comezará a exposición O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción, e estará dispoñible ata o día 27 de xaneiro. É unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que, contando coa colaboración do concello de Rodeiro, ponse á disposición da cidadanía para recoller as súas opinións e propostas para frear o cambio climático
A idea base que fundamenta a exposición O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción é a de sensibilizar e fomentar a participación da cidadanía no desenvolvemento de medidas efectivas para loitar contra os efectos do cambio climático.
Os obxectivos desta exposición son os seguintes:
– Favorecer a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático a través da información, o autoconvencemento e a sensibilización.
– Promover un cambio de actitudes, hábitos e comportamentos individuais que poidan derivar na mitigación do cambio climático no ámbito persoal.
– Concienciar aos participantes de que eles poden colaborar na solución: valorar a importancia e repercusións de todas aquelas actuacións que dende os diferentes ámbitos poden desenvolverse para mitigar os efectos do cambio climático.
– Sensibilizar aos participantes de que teñen un papel fundamental no efecto multiplicador da difusión das actitudes e valores abordados, no seu entorno máis próximo (familia, redes sociais, etc…).