Este programa ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico .
O programa caracterízase por ofrecer unha estancia de seis días e cinco noites nun hotel con spa, balneario ou outro tipo de instalacións similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.
Beneficiarios:
• Persoas maiores de 50 anos.
• Ser pensionista da Seguridade Social.
• Precisar dun respiro familiar.
Destinos e prezos:
Balnearios ofertados :
Balneario Hesperia Isla da Toxa, Talaso Atlántico de Oia, Spa Norat Marina de O Grove, Spa Nanin Playa Sanxenxo, Spa Vía Argentum Silleda, Spa Oca Galetea Sanxenxo, Spa Carlos Sanxenxo, Gran Talaso de Sanxenxo e Talaso Louxo A toxa.
Os prezos oscilarán entre os 155 e os 215 € ( prezo final; descontada a subvención efectuada pola Deputación de Pontevedra).
Para maior información e trámite de solicitudes poderán acudir ó Departamento de Servizos Sociais do Concello, ata o día 2 de xullo de 2014.