Este programa nace da colaboración entre a Deputación de Pontevedra e os concellos colaboradores da provincia de Pontevedra.
O programa consiste en pasar cinco tardes seguidas da mesma semana ( de luns a venres) nun Balneario da provincia de Pontevedra, permitíndolles facer uso das súas instalacións durante dúas horas, regresando á súa casa no mesmo día.
Un autobús recollerá as persoas do concello, trasladándoas ó Balneario escollido, onde permanecerán disfrutando das instalacións de balneario, talaso ou spa elexido. Ó final da actividade, o mesmo autobús levaraos de novo ó punto de saída.
Beneficiarios:
• Persoas maiores de 50 anos..
• Xubilados, pensionistas ou persoas que necesiten un respiro familiar.
Destinos e prezos:
Para o bo desenrolo deste programa, fíxose necesaria a implicación económica dende Deputación de Pontevedra e o Concello de Rodeiro, aportando por persoa e praza unha cantidade xa establecida nas bases reguladoras do programa; sendo a restante parte, abonada pola persoa que disfrute do mesmo, oscilando entre 19 e 71 €.
Coma destinos ofertados timos:
Balneario Termas de Cuntis, Balneario Hesperia Isla da Toxa, Palacio da Auga Mondariz Balneario, Talaso Atlántico de Oia, Talaso Spa de Moaña, Spa Norat Marina de O Grove e Spa Torre do Deza de Lalín.
Para maior información e trámite de solicitudes poderán acudir ó Departamento de Servizos Sociais do Concello, dende o día 24 de xuño ó 23 de xullo de 2014.