Programa Leader de Galiza 2007-2013

Por 1 Xaneiro, 1970 Novas

Preténdese levar a práctica unha nova política que convirta aos habitantes do medio rural non só en destinatarios senón tamén en protagonistas do desenvolvemento.

Os principais actores do Programa Leader de Galiza 2007-2013 serán os novos Grupos de Desenvolvemento Rural. Estes estarán integrados por cooperativas, organizacións profesionais, comunidades de montes, asociacións, sindicatos, sociedades laborais…Todos eles traballarán xunto coas entidades públicas polo futuro do territorio.

Os fondos irán destinados prioritariamente a actuacións produtivas que contribúan a reforzar a base económica das áreas rurais, no ámbito agroalimentario e forestal.

O novo programa Leader compleméntase con proxectos de dotación de servizos e mellora da calidade de vida, iniciativas que respondan realmente ás necesidades e ás demandas actuais da poboación rural.

Todo isto co obxectivo de consolidar un medio rural sólido e viábel no horizonte 2013 a través da dinamización do tecido produtivo do rural galego acadando un espazo máis atractivo para vivir e para traballar.

Para difundir todo este proceso, animalo e comezar a organizar a implicación nel de todas cantas entidades o desexedes, teremos unha XUNTANZA INFORMATIVA:
Lugar: Casa da Cultura de Rodeiro
Data: 30 de Xaneiro de 2008
Hora: 20:00

Canta maior cantidade de xente mellor será para a zona.

Para máis información prema aquí.

Leave a Reply