O día 28 de xaneiro rematou o período de exposición ao público das listas do censo electoral para as vindeiras Eleccións Xerais do día 9 de marzo de 2008, sendo tramitadas nas oficinas municipais un total de cinco reclamacións.
No Boletín Oficial da Provincia núm. 14, correspondente ao día 21 de xaneiro de 2008, publícase a relación de seccións, mesas e locais electorais do Concello de Rodeiro para as vindeiras Eleccións Xerais do dia 9 de marzo de 2008 (B.O.P. 21 de xaneiro [páx. 42]).
No Boletín Oficial da Provincia núm. 20, correspondente ao día 29 de xaneiro de 2008, publícanse os lugares destinados para colocación de propaganda electoral e para a celebración gratuíta dos actos da campaña electoral no Concello de Rodeiro para as vindeiras Eleccións Xerais do día 9 de marzo de 2008 (B.O.P. 29 de xaneiro [pax. 39]).