Este venres 22 de xuño poremos fin ás actividades extraescolares desenvoltas no centro educativo polo Concello de Rodeiro.
A xornada vai a estar baseada nos saberes tradicionais e en todo o aprendizaxe que hai en coñecer aspectos da nosa historia recente, contando coa colaboración de varias veciñas. Participarán todos os menores que estiveron acudindo ás distintas acción do proxecto.
Ás 15h comezarase con unha introdución á sesión: viaxe aos saberes tradicionais. Todo o que podemos aprender dos maiores, das nosas tradicións, e decatarnos de que antes non había as comodidades que hai agora. Tamén haberá un espazo para practicar xogos tradicionais no patio do centro educativo.
Ás 17h. desenvolverase a xincana:” unha viaxe pola nosa historia” no que se contará con varias veciñas que nos relatarán saberes e costumes da súa infancia.
Ás 19:30h. realizarase o peche da actividade na Casa da Cultura coa recepción a nais e pais. Valoración persoal dos nenos e nenas, visionado do vídeo de peche do programa e entrega de diplomas e agasallos.