A confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), desenvolve o Programa de vacacións para persoas con discapacidade 2012, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar Social.
Os requisitos das persoas destinatarias:
– Ter unha idade comprendida entre os 25 e os 60 anos.
– Ser galego/a ou residente en Galicia.
– Posuír unha discapacidade acreditada.
Lugar e datas:
– Residencia de Colonias e Convivencias “Aixiña”. Rúa Vigo, 5-1 Sanxenxo (Pontevedra)
– 1ª Quenda: Do 2 ao 8 de setembro de 2012
– 2ª Quenda: Do 9 ao 15 de setembro de 2012
Prezo:
– Cada participante aboará 80€, que inclúe aloxamento e manutención.
Documentación:
– Solicitude e autorización datos persoais.
– Ficha da persoa participante.
– Certificado grao discapacidade.
– Xustificante ingresos persoa participante.
Prazo presentación solicitude:
– Ata o día 29 de xuño de 2012
Para maior información e trámite de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do Concello de Rodeiro.