Obxecto:
Adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense).
Persoas destinatarias:
• Persoas maiores de idade ou menores sempre que vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio español.
• Galegos residentes no exterior.
Tipos de servizo:
1. Servizo de residencia: aloxamento e mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada.
2. Servizos para non residentes: Poderán gozar do servizo de comedor os familiares e amigos dos residentes que visiten a instalación segundo as normas de provisión de prazas que determine o/a director/a de cada residencia e sen prexuízo da prioridade que se outorgue e se garanta ás persoas aloxadas.
Documentación:
• Fotocopia do DNI da persoa solicitante.
• Acreditación da discapacidade de ser o caso.
• Fotocopia do libro de familia, no caso de solicitantes da quenda de familias numerosas.
Prazo de presentación:
Ata o 1 de abril de 2013