Skip to main content
Novas

Programa de turismo social para maiores IMSERSO 2022/2023

By 29 Xuño, 2022No Comments

1. Persoas beneficiarias:

Poderán acollerse ó Programa, aquelas persoas que sexan pensionistas e conten coa idade mínima de 55 anos, (quedan exentos de cumprir esta condición, as persoas que acudan en calidade de cónxuxes), ademáis de persoas perceptoras de pensións por outros concepto,s ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumplidos.
Admítese como segundo acompañante a un fillo/a con discapacidade, sempre que se presente calificación de minusvalía, cunha porcentaxe mínima do 45%.

2. Destinos e prezos:

Ofértanse modalidades distintas, para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións entre outubro de 2022e xuño de 2023 , segundo a modalidade :

• ILLAS CANARIAS OU ILLAS BALEARES.
• VIAXES CULTURAIS, PARA COÑECER A HISTORIA E ARTE DE ESPAÑA.
• TURISMO DE NATUREZA, CON RUTAS POR PARAXES PINTORESCOS.
• ANDALUCÍA, CATALUÑA, MURCIA E COMUNIDADE VALENCIANA.

3. Documentación necesaria para o trámite:

• D.N.I do solicitante e no seu caso do cónxuxe ou parella.

Para máis información e trámite de novas solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do Concello de Rodeiro.

O prazo límite de presentación de solicitudes será o día 19 de xullo de  2022.