Batucado y Emusín presenta “A bruxa Maruxa”

Por 5 Xullo, 2022 Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural o vindeiro venres día 8 de xullo ás 20:00 horas na praza do Concello.

Batucado y Emusín levará a cabo un espectáculo baixo o título “A bruxa Maruxa”.

Esta actividade forma parte do do programa Ler Conta Moito, organizada polo Concello e Concellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades.

Para tódolos públicos e entrada gratuíta.