O Concello de Rodeiro, co ánimo de promover o turismo e os hábitos saudables entre veciños e visitantes, vén de programar un calendario de rutas de sendeirismo que posibilitará, amais da práctica do deporte, o coñecemento e posta en valor das riquezas naturais e paisaxísticas e do rico patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e etnográfico que atesoura Rodeiro. As rutas desenvolveranse entre os meses de marzo a novembro, agás xullo e agosto, a razón dunha por mes segundo a seguinte planificación :
Sendeirismo Ruta PRG-7 – Domingo 18/03/2012 09:00 h
Sendeirismo Ruta de Oseira – Domingo 22/04/2012 09:00 h
Sendeirismo Ruta dos Castros – Domingo 20/05/2012 09:00 h
Sendeirismo Ruta dos Muíños – Domingo 10/06/2012 09:00 h
Sendeirismo Ruta do Arnego – Domingo 23/09/2012 09:00 h
Sendeirismo Camiño de Inverno – Domingo 21/10/2012 09:00 h
Sendeirismo Ruta do Norte – Domingo 11/11/2012 09:00 h
Oportunamente, coa antelación suficiente ao desenvolvemento de cada unha das rutas, informarase a través da presente web das características, distancia, perfil, lugar e prazo de inscrición, e demais información relevante para os interesados en participar na actividade.