O Sr. alcalde asinou a convocatoria da sesión extraordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro mércores día 1 de febreiro de 2012, ás 9 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :
Único – Debate e aprobación se procede dos acordos que se inlúen na solicitude de convocatoria de pleno extraordinario asinada polos concelleiros Sres. Vence Deza, García Deza e Hermida Cidre, con data 19/01/12 (R.E. núm 69), relativos á oposición ao actual sistema de incineración de residuos sólidos urbanos e á construción dunha planta incineradora no concello do Irixo por parte da empres Estela Eólica S.L., nos termos establecidos no escrito que se achega.