Durante o pasado ano, implantouse no Concello de Rodeiro o programa de compostaxe doméstica, que conta na actualidade con 30 vivendas participantes.
Este ano, o programa ampliase a outros 25 participantes.
Os obxectivos do programa de compostaxe son:
- A reciclaxe dos residuos orgánicos para producir un abono natural con excelentes propiedades para o solo.
- Reducir o volume dos residuos producidos.
- Fomentar a reutilización dos materiais antes de convertelos en residuos.
- Fomentar a separación selectiva dos residuos en orixe.
O compost é un abono natural xerado a partir da reciclaxe de restos orgánicos. Os materiais orgánicos xerados no fogar, como os restos de comidas e podas, son introducidos nun composteiro no cal a descomposición biolóxica destes produtos produce un abono de gran calidade.
Para facer compost precisase: un espazo axeitado na horta ou xardín, un composteiro, residuos de cociña e do xardín, un aireador (pá, pincho, etc), unha pá para recoller o abono obtido e auga.
No programa de compostaxe doméstica poden participar persoas que residan nunha vivenda unifamiliar con horta ou xardín e que esa vivenda sexa o seu domicilio habitual.
A participación no programa é gratuíta. O Concello subministraralles a todos os participantes un composteiro para que poidan elaborar o compost a partir dos residuos orgánicos.
Para participar no programa podes inscribirte no Concello ou ben por mail en medioambiente@rodeiro.gal.
O formulario de inscrición estará dispoñible na páxina web.
Dado que o número de participantes está limitado a 25, as inscricións serán atendidas por orden de entrada no rexistro municipal.
Teléfono de información: 986790009.
Os que estean interesados en participar poderán inscribirse do 6 ao 29 de maio.