Skip to main content
Novas

Programa benestar en balnearios ano 2015

By 28 Abril, 2015No Comments

Beneficiarios:
a. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as ou persoas tuteladas que acudan en calidade de acompañantes.
d. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
e. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

Balnearios:
Este ano unicamente se ofrece a posibilidade de tratamento termal, de 10 días de duración, con todo incluído; tratamento termal e estancia no balneario, en réxime de pensión completa nos distintos establecementos ofertados, con prezos entre os 316,64 € e os 398,61 €.

Para maior información e trámite de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do concello de Rodeiro A data límite para a presentación de solicitudes, será o día 15 de maio de 2015