A través da Resolución do 18 de decembro de 2023 a Xunta de Galicia convoca as subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 8 do 11 de xaneiro de 2024).
A axuda económica mensual será de ata o 50% do aluguer. A renda da vivenda, para o Concello de Rodeiro, non pode superar os 425€ mensuais.
Poderán ser beneficiarios/as aquelas persoas maiores de idade que teñan ou vaian ter un contrato de aluguer dunha vivenda e que esta constitúa a residencia habitual do/a titular ou titulares do contrato.
Requisitos económicos: os ingresos máximos da unidade de convivencia non poden ser superiores a 3 veces o IPREM, aumentando o límite para familias numerosas, persoas con discapacidade e vítimas de terrorismo.
Prazo de presentación: o prazo de presentación para optar a esta subvención remata o día 29 de fenreiro de 2024 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria.
Información: para recibir máis información sobre esta subvención e a súa solicitude poden dirixirse ao servizo de educación familiar (teléfono de contacto 986790185 extensión 4, correo electrónico educadora@rodeiro.gal ).
Información e presentación da solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento VI483C.