Skip to main content
Novas

Programa benestar en balnearios ano 2018

By 11 Maio, 2018Agosto 7th, 2019No Comments

Beneficiari@s:

  1. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da seguridade social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Estar empadroado e residir nalgún concello da comunidade autónoma de galicia.
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as ou persoas tuteladas que acudan en calidade de acompañantes.
  4. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

 

Balnearios:

Este ano unicamente se ofrece a posibilidade de  tratamento termal, de 10 días de duración, con todo incluído; tratamento termal e estancia no balneario, en réxime de pensión completa nos distintos establecementos  ofertados, con prezos entre os 287,50 € e os 361€.

Para maior información e trámite de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do concello de rodeiro.

A data límite para presentación de solicitudes, será para os meses de maio e xuño, ate o día 16 de maio e para os meses de xullo a outubro, ate o día 31 de maio de 2018.