Skip to main content
Novas

Plan de alimentos 2018

By 9 Maio, 2018Agosto 7th, 2019No Comments

O Concello de Rodeiro abre o prazo para realizar a solicitude de acceso ao Plan de Alimentos 2018 para aquelas persoas e unidades familiares que cumpran os requisitos de acceso fixados nas Bases Reguladoras para o acceso ao Plan de Alimentos Procedentes do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), aprobadas en Xunta de Goberno Local a 20 de febreiro de 2013.

Como organización asociada de reparto no programa 2018 de axuda alimentaria do fondo de axuda europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD 2014-2020), dende o Concello repártense ao longo do ano lotes de alimentos a aquelas persoas incluídas no plan.

BENEFICIARIOS/AS: aquelas persoas e unidades familiares residentes no Concello de Rodeiro que se atopen nunha situación de precariedade económica e de especial vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social, contanto con un informe social favorable para recibir esta axuda.

REQUISITOS ECONÓMICOS: a unidade familiar non poderá superar mensualmente os seguintes ingresos:

Membros da unidade familiar Ingresos máximos
1 403,38 €
2 467,92 €
3 521,70 €
4 564,72 €
5 607,74 €

 

Dos ingresos mensuais totais da unidade familiar serán deducibles os gastos de aluguer ou hipoteca, así coma gastos fixos de electricidade, auga, gas, medicacións, etc.

SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN: as solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello e o prazo estará aberto todo o ano.

INFORMACIÓN: para recibir máis información sobre este programa e a súa solicitude, poden dirixirse ao Servizo de Educación Familiar (teléfono de contacto 986790185).

Solicitude de plan de alimentos 2018