O vindeiro xoves 19 de decembro levarase a cabo una formación sobre alzheimer e otras demencias dirixido a coidadores/as, familiares, persoas con recente diagnóstico e público interesado.
Este é un programa realizado pola federación atlántica de asociacións de familiares de persoas con alzheimer e otras demencias (FADEAL) en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
O lugar de realización será o Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” en horario de 10 a 14 horas.
Impartido por unha terapeuta ocupacional e unha traballadora social de AFAPO.
Os contidos da sesión estarán divididos en 2 áreas:
Área sanitaria onde se abordará o diagnóstico, factores de alarma, pautas de comportamento, tratamentos farmacolóxicos e avances na investigación.
Área social onde se informará sobre tratamentos non farmacolóxicos, recursos de apoio psicolóxico, recursos sociais e xurídicos.
Non se precisa inscrición previa.
Para recibir máis información podedes contactar co departamento de servizos sociais municipal: traballadorsocial@rodeiro.gal e educadora@rodeiro.gal