O Concello de Rodeiro foi beneficiario dunha axuda ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto.
O importe total da axuda concedida foi de 93.755,00 €; 83.755,00 € para a execución do proxecto de mellora de camiño municipal de acceso a parcelas agrícolas en Álceme e 10.000,00 € para o servizo de redacción dun estudo integral da rede viaria municipal.
Distribución de fondos:
FEADER (75%): 70.316,25 €
MAPA (7,5%): 7.031,62 €
XUNTA (17,5 %): 16.407,13 €